Antonio Abril Abadín

Presidente

Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas (CCS)

Currículum

Nado en Viveiro (Lugo) o 12 de decembro de 1957. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo e funcionario por oposición do Corpo de Avogados do Estado (O.M. Economía e Facenda do 20 de xullo de 1984).

Actividade na administración pública:
Desde o 1 de agosto de 1984 ata o 28 de xaneiro de 1986 foi avogado do Estado no Servizo Xurídico do Estado na Delegación de Facenda e Tribunais de Lugo. Desde o 28 de xaneiro de 1986 ata o 1 de marzo de 1989 foi avogado do Estado no Servizo Xurídico do Estado na Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña).

Actividade na universidade:
Cursos 1990/91 a 1994/95: Profesor asociado de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC). Desde o 15 de marzo de 1999 ata o 4 de agosto de 2008 foi vogal do Consello Social da UDC. Desde o 4 de agosto de 2008 é presidente do Consello Social da UDC e vicepresidente da Fundación Universidade da Coruña. Desde o 16 de novembro de 2017 é presidente da Conferencia de Consellos Sociais das universidades de España. Membro do Padroado e presidente da Comisión de Documentos e Proxectos da Fundación CYD que representa o compromiso da empresa española coa terceira misión universitaria. Presidente da Comisión Universidade-Empresa da Cámara de Comercio de España.

Actividade actual no sector privado:
Secretario xeral e do Consello de Administración e director de Cumprimento Normativo de Inditex S. A. e das diversas empresas que constitúen o Grupo Inditex. Vicepresidente do Foro de Marcas Renombradas Españolas (FMRE). Membro do Comité de Normas Profesionais do Instituto de Conselleiros e Administradores (IC-A) (filial española de The European Confederation of Directors Associations – ecoDa), do Padroado da Fundación SERES (Sociedade e empresa responsable), do Consello Asesor da Fundación Biodiversidade, da Comisión Executiva da Cámara de Comercio da Coruña, da Comisión Executiva da Cámara de Comercio de España, do Consello Reitor da Asociación para o Progreso da Dirección en Galicia (APD), da European Round Table of Industrialists (ERT) e da Comisión Executiva da Fundación de Estudos Financeiros.