Jesús Portela Medraño

Subdirector

Faro de Vigo

Currículum

Naceu hai 60 anos en Beluso, no concello pontevedrés de Bueu. É licenciado en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid. Na actualidade é subdirector de Faro de Vigo.

Comezou a súa actividade profesional nos servizos informativos de Radio Pontevedra e en 1984 incorporouse ao Faro de Vigo como delegado para a comarca do Morrazo e de Redondela. Nos anos seguintes, exerceu como redactor de tribunais, da sección de local de Vigo e ocupou a xefatura da sección de Galicia.

En 1987 foi nomeado redactor xefe do xornal con responsabilidades en distintas áreas do xornal e en febreiro do 2000 converteuse en subdirector, posto que ocupa na actualidade.

Jesús Portela é presidente desde 1993 do Padroado da Fundación Novas, entidade benéfico-docente declarada de interese galego. Dedicada á concesión de axudas a centros educativos e colectivos sociais do Concello de Bueu.