Julio Rodríguez

Director

Atlántico Diario

Currículum

Naceu en 1961 en Quintela de Leirado (Ourense). Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra (1981-1986). 

Foi redactor, xefe de sección e xefe de edición do xornal La Región de Ourense entre 1986 e 1988. Director adxunto e director en funcións do xornal Atlántico Diario de Vigo nos anos 1988-1990. Desde 1990 ata 1999, foi director adxunto de Atlántico Diario de Vigo. Na Televisión de Galicia desempeñou os cargos de subdirector de informativos (1999-200) e director de informativos (2002-2005). Entre os anos 2005 e 2007, foi director adxunto do diario La Región de Ourense. Posteriormente, de 2007 a 2008 foi subdirector de “Atlántico Diario” de Vigo e entre os anos 2008 e 2019 desenvolveu o cargo de director de Atlántico Diario de Vigo.

Director de Foro Atlántico, espazo de debate con personalidades e autoridades dos ámbitos político, cultural, económico, social e científico. Colaborador e participante semanal en programas de debate radiofónico e televisivo sobre os temas de actualidade na Radio Galega e na Televisión de Galicia.

Foi membro da Comisión de Informativos da FORTA (Federación de Organismo de Radio e Televisión Autonómicas), na que se ocupaba da coordinación de eventos informativos de ámbito estatal para as televisións autonómicas.

É membro da Comisión Permanente do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.