Luis Espada Recarey

Ex-reitor da Universidade de Vigo

Universidade de Vigo

Currículum

Nado na Coruña en 1940, é doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada pola Universidade de Mánchester. A súa vida profesional, dedicada sempre á docencia e á investigación, comezou no Consello Superior de Investigacións Científicas, onde estivo sete anos. Posteriormente, foi membro do Padroado de Igualdade de Oportunidades, do British Council e das forzas aéreas dos Estados Unidos.

Tras volver a Vigo, foi catedrático de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. Foi vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela e delegado do reitor no campus de Vigo. Dirixiu o proceso de segregación e creación da Universidade de Vigo, da que foi o seu primeiro reitor entre 1989 e 1994.

Foi presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo e na actualidade é profesor emérito. En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

Recibiu numerosos galardóns, entre os que se contan o título de «vigués distinguido» (1990), a medalla da cidade de Vigo (1994), a medalla Castelao (2011) e a medalla «amigo distinguido» (2014) outorgada pola asociación Alumini Universidade de Vigo.