Miguel Ángel Rodríguez

Director

Diario de Pontevedra

Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Profesor de Comunicación na Escola Galega de Administración .

Comezou a exercer o xornalismo en 1986, como redactor de informativos da Cadena SER. En 1987, entrou a formar parte da redacción de Atlántico Diario, como redactor de política municipal. Nos anos 90, foi membro do equipo fundacional de Xornal Diario en Pontevedra e exerceu como delegado do xornal en Vigo. Foi responsable de Política Municipal en Diario 16 de Galicia. Colaborou coa Axencia EFE e coa revista ECO. Foi responsable das seccións nacionais e internacionais no Diario 16 de Madrid e xefe de redacción en Vigo de La Voz de Galicia. Foi correspondente económico de La Voz de Galicia e comentarista económico e político en V Televisión, Popular TV e TVG. Exerceu durante catro anos como consultor de comunicación para empresas, administracións e organizacións políticas e económicas. Actualmente é director do Diario de Pontevedra.