Víctor Nogueira

Presidente

Asociación de empresa familiar en Galicia.

Currículum

Naceu en Santiago de Compostela en 1957.

Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto e graduado en Empresariais polo ICAI. Realizou tamén o Programa de Alta Dirección (PADE) no IE.

Víctor Nogueira desenvolveu a súa carreira profesional no Grupo Nogar, con especial dedicación á internacionalización da empresa.

O grupo empresarial familiar está integrado por diversas compañías de vocación internacional e cun forte posicionamento no sector loxístico, comercial, inmobiliario e enerxético.

Desde o ano 2017 ostenta a presidencia da Asociación Galega da Empresa Familiar. Foi e segue sendo directivo de diferentes asociacións empresariais (ANESCO, AEMPE, Cámara de Comercio etc.)